Piridoxal fosfato | |
---|---|
![]() | |
![]() | |
(4-formil-5-hidroxi-6-metilpiridin-3-il)metil fosfato | |
Outros nomes Piridoxal 5-fosfato, PAL-P, PLP, Vitamina B6 fosfato | |
Identificadores | |
Número CAS | 54-47-7 |
PubChem | 1051 |
MeSH | Pyridoxal+Phosphate |
ChEBI | CHEBI:18405 |
ChEMBL | CHEMBL82202 |
Ligando IUPHAR | 5249 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C8H10NO6P |
Masa molecular | 247,142 g/mol |
Densidade | 1,638±0,06 g/cm3[1] |
Punto de fusión | 139–142 °C; 282–288 °F; 412–415 K |
Acidez (pKa) | 1,56[1] |
Perigosidade | |
Punto de inflamabilidade | 296,0±32,9 °C[1] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O piridoxal fosfato, tamén chamado PLP, piridoxal 5'-fosfato, P5P ou fosfato de piridoxal, é un grupo prostético ligado a certos encimas. O PLP é tamén a forma activa da vitamina B6, a cal comprende tres compostos naturais, piridoxal, piridoxamina e piridoxina. Funciona como un cofactor que actúa como un sumidoiro de electróns para estabilizar os intermediarios carbaniónicos tanto nas reaccións de eliminación coma de substitución que implican compostos aminados. A Comisión de encimas catalogou máis de 140 actividades dependentes do PLP, que corresponden ao ~4% de todas as actividades clasificadas.[2]