Pita do monte, pita montesa Tetrao urogallus | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Macho | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Tetrao urogallus Linnaeus, 1758 | |||||||||||||||||||||||||
![]() | |||||||||||||||||||||||||
![]() Área de distribución en Europa.
| |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
|
A pita do monte,[2][3] ou pita montesa,[4] (Tetrao urogallus), é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao.[5]
É o membro de maior tamaño da súa subfamilia, distribuíndose por boa parte de Eurasia (Escandinavia, a rexión báltica e a Federación Rusa) con pequenos enclaves nas montañas de zonas temperadas como a cornixa cantábrica, os Pireneos, os Alpes e o Xura.
En España, desde 1979, está vedada a súa caza e, desde 1986, está catalogada como especie protexida, aínda que isto non supuxo, de momento, un incremento da súa poboación. Considérase unha reliquia da era glaciar, pois tras a última (a glaciación de Würm) as súas poboacións fóronse desprazando cara ás rexións máis frías de Europa e á alta montaña.
Aínda que a nivel xeral o status da especie é pouco preocupante, en España está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares non Pireneos (da subespecie Tetrao urogallus aquitanicus), e ao longo das zonas boscosas da cornixa cantábrica (da subespecie pita do monte cantábrica).
En Galiza deuse por extinguida a poboación dos Ancares, a poboación máis occidental da especie,[6] xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005,[7][8] pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofes,[8] polo que figura no Catálogo galego de especies ameazadas.[9]