Pittsburgh Steelers | |||||
---|---|---|---|---|---|
Fundado en 1933 Sede en Pittsburgh, PA | |||||
| |||||
Afiliacións de Liga/Conferencia | |||||
National Football League (1933–presente)
| |||||
Uniforme actual | |||||
Cores | Negro, ouro | ||||
Mascota | Steely McBeam | ||||
Cadro de persoal | |||||
Propietario(s) | Familia Rooney | ||||
Presidente | Dan Rooney | ||||
Director xeral | Kevin Colbert | ||||
Adestrador | Mike Tomlin | ||||
Historia | |||||
| |||||
Campionatos | |||||
Títulos de Liga (6)
| |||||
Conferencia (8)
| |||||
División (22)
| |||||
Estadios | |||||
|
Os Pittsburgh Steelers son un equipo profesional de fútbol americano da cidade de Pittsburgh, no estado de Pensilvania (Estados Unidos) que compite na American Football Conference da National Football League (NFL).
Os Steelers chegaron á Super Bowl en sete ocasións, proclamándose campións en seis delas: as tempadas 1974, 1975, 1978, 1979, 2005 e 2008. Coa sexta copa, os Steelers superaran aos Dallas Cowboys e aos San Francisco 49ers e convertéronse nos maiores dominadores do trofeo. Apareceu en 13 Finais de Conferencia e xogou máis partidos da Final de Conferencia na casa que ningunha outra franquía. Tamén son o único equipo que conseguiu gañar a Super Bowl clasificándose no sexto lugar nos play-offs, logo de gañar tres partidos como visitante na XL Super Bowl, disputada o 5 de febreiro de 2006 no estadio Ford Field de Detroit (Míchigan), na que derrotou por 10-21 aos Seattle Seahawks.