A placenta (do latín torta plana referíndose á súa aparencia en humanos[1][2]) é un órgano presente na maioría dos mamíferos (os marsupiais, por exemplo, non producen placenta) e que relaciona estreitamente ao bebé coa súa nai e atende as necesidades de respiración, nutrición e excreción do feto durante o seu desenvolvemento. A placenta desenvólvese a partir das mesmas células que deron lugar ao feto e ten dous compoñentes, unha porción fetal, o corion frondoso e unha porción materna ou decidua basal.