Placodermos Rango fósil: Silúrico - Devoniano | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Reconstrución dun placodermo do xénero Coccosteus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Ordes | |||||||||||
Os placodermos (Placodermi), do grego antigo πλάξ pláx = 'placa' e δέρμα dérma = 'pel', literalmente "pel de placas", son unha clase extinta de peixes primitivos.[2] Foron os primeiros gnatostomados, é dicir, foron os primeiros vertebrados con mandíbulas.[2] Apareceron a finais do silúrico (hai uns 416 millóns de anos) e seguramente desapareceron a finais do Devoniano (hai uns 359 millóns de anos), pois non está moi claro se sobreviviron ou non até o carbonífero inferior.[2][3][4][5][6][7]
Os placodermos eran peixes acoirazados, e a súa orixe e relacións coa evolución dos condrictios (o grupo dos peixes cartilaxinosos, ao que pertencen os tiburóns, as raias e as quimeras) é un enigma para os científicos.[8] Habitaban nunha gran diversidade de ambientes: mariños, deltaicos, de albufeira e de auga doce.[4][9] No sitio paleontolóxico de Gogo, en Australia, do Devoniano superior, é onde se acha a maior diversidade destes organismos, xa que se encontraron restos de máis de 20 especies, a maioría delas pertencentes a xéneros monoespecíficos.[9]
<ref>
non válida; non se forneceu texto para as referencias de nome devonian