O planeta dos simios | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Planet of the Apes |
Director | Tim Burton |
Produtor | Richard D. Zanuck Ralph Winter |
Guión | William Broyles, Jr. Lawrence Konner Mark Rosenthal |
Baseado en | Planet of the Apes de Pierre Boulle |
Intérpretes | Mark Wahlberg Tim Roth Helena Bonham Carter Michael Clarke Duncan Paul Giamatti Estella Warren |
Música | Danny Elfman |
Fotografía | Philippe Rousselot |
Montaxe | Chris Lebenzon Joel Negron |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 2001 |
Duración | 119 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Ficción científica |
Orzamento | $100 000 000[1] |
Recadación | $362 211 740 |
Na rede | |
http://www.foxmovies.com/movies/planet-of-the-apes | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por Tim Burton que se estreou no 2001. É un remake do filme de 1968 O planeta dos simios que á súa vez está baseado na novela de Pierre Boulle La planète des singes. Está protagonizado por Mark Wahlberg, Tim Roth, Helena Bonham Carter, Michael Clarke Duncan, Paul Giamatti, Estella Warren, Cary-Hiroyuki Tagawa, David Warner e Kris Kristofferson. Estreouse o 27 de xullo de 2001. Como parte do elenco, dous actores principais da película orixinal de 1968 aparecen nesta versión: Linda Harrison (orixinalmente Nova) fai un cameo, e Charlton Heston (orixinalmente coronel Taylor) actúa nun papel menor ao longo de toda a película.
Dirixiuna Tim Burton. Os críticos e fans da saga anterior rexeitaron o filme. Especialmente polo final, onde Burton tratou de imitar o efecto que tivo o final da súa predecesora, creando un xiro inesperado, pero que non tivo o efecto esperado. Nos comentarios de Burton no DVD da película, o director suxire que o final tivo a intención de ser unha secuencia de suspense que enganchase á audiencia, para que devandita escena fose resolta nunha secuela da película, pero que debido á non tan grata recepción que tivo este filme, dita secuela nunca se materializou. Debe facerse notar, que o final do remake é en realidade moito máis próximo ao que o libro orixinal describía.
Antes da realización do filme, Tim Burton fixo patente o seu desexo de reimaxinar os outros filmes da serie dos simios. Quizais isto tamén influenciou a súa decisión de acudir ao compositor Danny Elfman para que realizase a música da película. Elfman produciu un soundtrack poderoso para a cinta de Tim Burton, salientando coa súa música a natureza bárbara dos simios e o seu planeta.