Un exoplaneta ou planeta extrasolar é un planeta que orbita unha estrela diferente do Sol, e polo tanto pertence a un sistema planetario que non é o sistema solar. A 25 de febreiro do 2009 listábanse 342 exoplanetas na Enciclopedia de Planetas Extrasolares[1]. A maior parte deles detectados a traves da observación das velocidades radiais e doutros métodos indirectos[1]. A maior parte destes decubrimentos son de xigantes gasosos, do tipo Xupiter, pero isto sobre todo é debido ás limitacións tecnolóxicas. Proxeccións recentes baseadas en traballos de detección para corpos máis liviáns, dan como resultados que se poderían atopar moitísimos planetas do tipo "terrestre" (planetas de tipo rochoso), un número moito maior co número de planetas do tipo Xúpiter[2].
Aínda que a existencia dos planetas extrasolares foi suposta hai tempo, non foi descuberto ningún planeta orbitando estrelas ata os 90. Non obstante, dende o comezo da década actual, unhas dúas ducias son descubertos cada ano, o que mantén viva a cuestión de se poderían albergar vida extraterrestre.