Plano (audiovisual)

Fotografía enmarcada de medio corpo da estatua dun fotógrafo paparazzi en proceso de encadramento, en Bratislava.

Un plano é, nas artes audiovisuais, o espazo escénico (personaxes, obxectos, paisaxes) que capta a lente da cámara desde o inicio da rodaxe até que se detén. A mesma terminoloxía emprégase nas artes gráficas, especialmente na banda deseñada. Para poder diferenciar os planos clasifícanse segundo diferentes parámetros como o encadramento ou o ángulo que forma o obxectivo co obxecto ou persoa fotografados. Unha definición alternativa do plano sería "unidade básica da narrativa audiovisual".

No cine utilízase un conxunto de planos para construír unha escena, que no seu conxunto forman as secuencias para finalmente formar a película.[1]

Os planos pódense clasificar segundo:

  • A súa escala/proporción: tómase como referencia á figura humana. Pódense agrupar en planos descritivos, narrativos ou expresivos.
  • O ángulo da cámara: dependendo da altura da cámara respecta os personaxes ou obxectos
  • Punto de vista: Depende do punto de vista (interno ou externo) para mostrar a acción.
  1. "Tipos de planos con exemplos en YouTube". Crehana (en castelán e inglés). Arquivado dende o orixinal o 26-12-2021. Consultado o 26-12-2021. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne