Plasmodium malariae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Micrografía dun esquizonte maduro de Plasmodium malariae con tinguidura Giemsa | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
'Plasmodium malariae' Feletti & Grassi, 1889 |
Plasmodium malariae é unha especie de protozoos parasitos, que é unha das especies de plasmodios causantes da malaria nos humanos. Está moi relacionado coas especies Plasmodium falciparum e Plasmodium vivax, que son as responsables da maioría das infeccións de malaria. A malaria que produce está moi estendida no mundo, pero denomínase "malaria benigna", xa que non é tan perigosa como a producida por P. falciparum ou P. vivax. A infección por P. malariae causa febres recorrentes despois dun intervalo de tres días (polo que aparecen ao cuarto día e denomínanse febres cuartás), que son sempre maiores que os intervalos de dous días (febres terzás) das malarias causadas por outros plasmodios, polo que a esta malaria tamén se lle chama febre cuartá e malaria cuartá.