Pobo alutiiq | |
---|---|
![]() Bailarín alutiiq. | |
Poboación | |
Poboación total: 4 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | (Alasca) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua alutiiq e inglés |
Relixión | cristianismo, xamanismo |
Grupos relacionados | Pobos iupik e aleutiano |
Os alutiiq, tamén chamados polo seu nome ancestral sugpiaq, son un pobo indíxena da costa sur de Alasca. A súa lingua chámase sugstun. É unha das linguas esquimó-aleutianas, que pertence á póla das linguas iupik.[1] Non deben ser confundidos cos aleutianos, que viven ó suroeste, nas Illas Aleutianas.
Tradicionalmente, vivían cun estilo de vida costeiro, subsistindo cos recursos do mar como o salmón, o halibut e a balea, así como doutros recursos como os froitos silvestres e a caza de mamíferos. Antes do contacto cos rusos eran comerciantes de pel, e vivían en fogares semi-subterráneos chamados ciqlluaq.