Os arrente, arrernte, arunta ou aranda (əraɳɖa) son un pobo aborixe do centro-norte de Australia que habita na contorna da cordilleira MacDonnell. O seu territorio abrangue uns 110 km de leste a oeste e 330 km de norte a sur, pero actualmente moitos deles viven en Sydney ou Melbourne, preto do mar. Falan unha lingua pama.
Os arrente están divididos en seis subgrupos, cada un deles co seu territorio particular. O grupo denominado central vive arredor de Alice Springs. Cada subgrupo está dividido en pequenas familias ou clans familiares rexidos por un sistema autoritario baseado nos matrimonios entre clans.