Pobo dena'ina | |
---|---|
Territorio dena'ina antes do contacto. | |
Poboación | |
Poboación total: 1 000[1] | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | Alasca |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua dena'ina e inglés |
Relixión | Cristianismo |
Grupos relacionados | Ahtna, deg hit'an e outros pobos atapascanos |
Os dena'ina (na súa lingua, «xente»), tamén chamados antigamente tanaina ou knaiakhotana («xente da península de Kenai», pola zona montañosa onde habitaban), son un pobo indíxena do grupo de linguas na-dené que vivían no sur de Alasca. Dividíanse en oito grupos: Clark lake, Iliamna, Lower Inlet, Sutsina, Tyonek, Upper Inlet, Lime-Hungry e Stoney River.