Pobo fang | |
---|---|
Carauta de catro caras do pobo fang. | |
Poboación | |
Poboación total: c 1 167 000 (2010)[1][2] | |
Rexións principais: | |
Gabón | 504 000 (11,5% da poboación do país) |
Guinea Ecuatorial | 481 000 (80% da poboación do país) |
Camerún | 168 000 (15% da poboación do país) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua fang |
Relixión | Cristianismo e sincretismo coa relixión tradicional |
Grupos relacionados | Pobo beti |
Os fang,[3] tamén coñecidos como fãn ou pahouin, son un grupo étnico de África Central que habita en Guinea Ecuatorial, o norte de Gabón e o sur do Camerún.[2][4] Representan arredor do 85% da poboación total de Guinea Ecuatorial, concentrados na rexión de Río Muni.[5] Noutros países, nas rexións onde viven, conforman un dos máis significativos e influentes grupos étnicos.[6]