Pobo huaorani | |
---|---|
Homes huaorani nunha canoa. | |
Poboación | |
Poboación total: c 2 500 (est 2001) | |
Rexións principais: | |
Ecuador | Nómades |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua huaorani |
Relixión | animismo e cristianismo |
Grupos relacionados | kichwa, Shuar, achuar, siona |
Os huaorani, tamén chamados waorani, waodani ou aucas (termo quechua para «salvaxe») son un pobo indíxena da Amazonia de Ecuador. O seu territorio abrangue o espazo entre os ríos Curaray e Napo, nunha área duns 30.000 km² nas provincias de Orellana e de Pastaza. A poboación está dividida en diversas comunidades e conxuntamente representan uns 2.500 individuos.
Os huaorani falan a lingua huaorani, unha lingua illada. Tradicionalmente, os huaorani mantivéronse á marxe dos contactos con outros pobos e dos colonizadores (chamados cowode en huaorani, literalmente «caníbales non humanos»). Porén, nos últimos corenta anos, e especialmente por mor da penetración na selva de equipos de extracción petroleira, convertéronse en comunidades sedentarias estabelecidas en poboados na selva. Malia isto, cinco comunidades (os tagaeri, huiñatare, oñamenane e dous grupos de taromenane) rexeitaron calquera contacto con non-huaorani e desprazáonse a zonas máis illadas, cara á fronteira peruana.