Pobo huli

Pobo huli
Home huli.
Poboación
Poboación total:
c  90 000[1]
Rexións principais:
Papúa-Nova Guinea Papúa-Nova GuineaTerras altas meridionais
Aspectos culturais
LinguaLingua huli
RelixiónCrenzas tradicionais e cristianismo
Grupos
relacionados
Outros pobos papúas.

Os huli ou haroli son un grupo étnico papúa que vive nas terras altas meridionais dos distritos de Tari, Koroba, Margaraima e Komo, en Papúa-Nova Guinea. Viviron na mesma área durante os últimos mil anos. Falan a lingua huli e tok pisin; moitos tamén poden falar outras linguas dos pobos veciños, e algúns falan o inglés. É un dos meirandes grupos culturais de Papúa-Nova Guinea, roldando as 90 000 persoas.[1]

  1. 1,0 1,1 Modern Loves: The Anthropology of Romantic Courtship & Companionate Marriage By Jennifer S. Hirsch, Holly Wardlow, p.53, 2006

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne