Pobo inga | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: 19 561 (censo de 2018)[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | Cauca, Nariño, Putumayo |
Aspectos culturais | |
Lingua | Inga kichwa Castelán |
Grupos relacionados | Pobo quechua |
Os ingas son un pobo indíxena de Colombia que habita na rexión suroeste do país, e que ten unha relación histórica cos incas.[2] Falan unha variedade do quechua coñecido como inga kichwa. Case tódolos ingas son bilingües en inga e castelán, o que provoca que o inga sexa considerada unha lingua ameazada.[2]