Pobo kayan (Myanmar) | |
---|---|
![]() Muller padaung no norte de Tailandia. | |
Poboación | |
Poboación total: 130 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | 60 000 |
![]() | 600 |
![]() | 600 |
![]() | 600 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua padaung |
Relixión | Igrexa católica |
Os kayan (ကယန်း) son un subgrupo dos karen vermellos (pobo karenni), unha minoría étnica tibetano-birmano de Myanmar. Os kayan están formados polos seguintes grupos: kayan lahwi (tamén chamados padaung), kayan ka khaung (gekho), kayan lahta, kayan ka ngan. Os kayan gebar, kayan kakhi e, ás veces, os bwe (kayaw) tamén son incluídos neste pobo. Son un pobo distinto e non deben confundirse co pobo kayan de Borneo.
O termo padaung (Yan Pa Doung) é unha palabra shan para os kayan lahwi (o grupo no cal as mulleres levan os aneis de latón no pescozo). Os residentes kayan na provincia de Mae Hong Son, no norte de Tailandia, refírense a si mesmos como kayan e rexeitan que se lles chame padaung. En The Hardy Padaungs (1967), Khin Maung Nyunt, un dos primeiros autores en utilizar o termo "kayan", di que os padaung prefiren chamarse kayan.[1] Por outra banda, Pascal Khoo Thwe chama ao seu propio pobo padaung nas súas memorias de 2002, From the Land of Green Ghosts: A Burmese Odyssey.[2]