Pobo mazateca | |
---|---|
![]() Mulleres mazatecas nunha danza en Huautla de Jiménez. | |
Poboación | |
Poboación total: (~305 836) | |
Rexións principais: | |
![]() | Oaxaca |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas mazatecas e castelán |
Relixión | Catolicismo e relixión tradicional |
Grupos relacionados | Popolocas |
Os mazatecas[1] (ha shuta enima) son un pobo indíxena que habita na área montañosa da chamada Serra Mazateca, no estado de Oaxaca, en México. O termo mazateca provén do náhuatl mazatl ou veado, mentres que eles chámanse a si mesmos ha shuta enima ou “xente que fala a lingua (mazateca) e é humilde”.[2] Os mazatecas adquiriron certa sona polos seus milenarios cultos relixiosos con axuda de fungos alucinóxenos como o teonanácatl, popularizados dende os anos 60 pola mazateca María Sabina.