Pobo tsimshian | |
---|---|
![]() Músico tsimishian en 1999. | |
Poboación | |
Poboación total: 8 162 | |
Rexións principais: | |
![]() | 5 910 (Columbia Británica)[1] |
![]() | 2 252 (Alasca)[2] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Linguas tsimshian |
Relixión | Relixión tradicional |
Os tsimshiam (en tsimshian: ts’msyan) son un pobo indíxena de América do Norte. As comunidades tsimshian viven principalmente na costa da Columbia Británica e no sur de Alasca, preto de Terrace e Prince Rupert no Canadá, e na illa Annette en Alasca. Os tsimshian constan duns 10 000 membros (incluíndo os kitselas, kitsumkalum, e as "tribos aliadas" dos lax kw'alaams; os metlakatla, kitkatla, gitga'at na baía Hartley, e kitasoo en Klemtu). Os tsimshian son unha das Primeiras Nacións meirandes do norte da Columbia Británica. Algúns tsimshian migraron cara á illa Annette, onde os seus descendentes forman a comunidade india Metlakatla.
Ó igual que outros pobos indíxenas de América, os tsimshian teñen un sistema de parentesco matrilinear, cunha estrutura social baseada no clan, chamado moiety. A herdanza e a propiedade son contemplados a través da liña materna. Os antropólogos e os lingüísticas clasificaron os gitksan e os nishga como tsimshian polas súas aparentes afinidades lingüísticas. Os tres falan o coñecido como tsimshian da costa, malia que algunhas das comunidades non son costeiras. Porén, estes tres grupos identifícanse como nacións separadas.