Pobo calmuco | |
---|---|
![]() Bailaríns tradicionais calmucos. | |
Poboación | |
Poboación total: c 196 000 | |
Rexións principais: | |
![]() (Rusia) | 183 372[1][2] |
![]() | 12 000[3] |
![]() | 325[4] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Calmuco e ruso |
Relixión | Maioría budista tibetana Minoría cristiá ortodoxa |
Grupos relacionados | Mongois e buriatos |
Os calmucos[5] (en calmuco: Хальмгуд, Hal’mgud, en mongol: Халимаг, Halimag) son un grupo étnico de orixe mongol, cuxos antepasados migraron dende Dzungaria en 1607. Crearon o Khanato Calmuco entre os anos 1630 e 1724, no territorio do norte do Cáucaso ruso. No presente, son a etnia maioritaria da República dos Calmucos, en Rusia, que se asenta na costa oeste do mar Caspio.
Por mor da emigración, existen pequenas comunidades calmucas nos Estados Unidos de América, Francia, Alemaña e a República Checa.[6]