Pobo caribe

Pobo caribe
Familia caribe (por John Gabriel Stedman, 1818)
Poboación
Poboación total:
c  4 000
Rexións principais:
Dominica3 000[1]
San Vicente e as Granadinas1 000[2]
Aspectos culturais
LinguaLingua inglesa e crioulo de Dominica (antigamente lingua kalhíphona)
Relixiónrelixión tradicional
Grupos
relacionados
pobo garífuna e pobo taíno

Os caribes,[3][4] tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.

A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.

  1. http://kalinagoterritory.com/about-us/ Arquivado 16 de setembro de 2017 en Wayback Machine. "Presently approximately 3,000 Kalinagos live in a collectively owned 3,700 acre territory, spread over eight hamlets, on the north-eastern coast of Dominica."
  2. "Central America :: Saint Vincent and the Grenadines - The World Factbook". Central Intelligence Agency. 27 de decembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 8 de xaneiro de 2019. 
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caribe.
  4. Definición de caribe no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne