Pobo esloveno | |
---|---|
![]() Poletje, pintura realista de Ivana Kobilca. Representación dunha familia eslovena de clase alta. | |
Poboación | |
Poboación total: c 2–2,5 millóns[1] | |
Rexións principais: | |
![]() | 1 631 363[2] |
![]() | 164 634–178 415[3][4][5] |
![]() | 83 000 – 100 000 (est )[1][6] |
![]() | 50 000 (2003) |
![]() | 37 170 (2011)[7] |
![]() | 30 000 (est )[1] |
![]() | 24 855 |
![]() | 20 000 (est )[8] |
![]() | 20 000 – 25 000 (2008) |
![]() | 10 517 (2011) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua eslovena |
Relixión | Maioría catolicismo e luteranismo. |
Grupos relacionados | Outros pobos eslavos, especialmente os croatas |
Os eslovenos[9] (en esloveno: Slovenci) son un grupo étnico nativo de Eslovenia. A súa lingua é o esloveno, unha das linguas da póla eslava meridional de significativas similitudes coas linguas eslavas occidentais.
Os eslovenos viven principalmente en Eslovenia, e son unha das grandes minorías étnicas en Austria, Hungría, Croacia, Italia e Serbia, onde nalgúns casos son poboadores locais de arraigo ancestral. Os seus emigrantes viven principalmente noutras nacións europeas, así como nos Estados Unidos, o Canadá, a Arxentina e Australia.