Pobo fon | |
---|---|
![]() Amazona de Dahomey, por Élisée Reclus (1905). | |
Poboación | |
Poboación total: c 4-5 millóns | |
Rexións principais: | |
![]() | 4 238 901 |
![]() | 1% da poboación do país |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua fon |
Relixión | vodú |
Grupos relacionados | Pobo aja, pobo ewe, pobo ioruba e haitianos |
Os fon, tamén chamados fon nu, agadja ou dahomey, son un grupo étnico e lingüístico africano.[1][2] Son o meirande grupo étnico de Benín, habitando principalmente a rexión do sur. Tamén habitan en menor medida no suroeste de Nixeria e en Togo. Falan a lingua fon, membro da familia das linguas gbe.[1]
A historia do pobo fon está relacionada co reino de Dahomey, un antigo estado xurdido no século XVII que comparte as súas raíces coas do pobo aja.[2] Os fon tiñan unha cultura cunha importante tradición oral e un sistema relixioso politeísta ben desenvolvido.[3] Foron especialmente célebres no século XIX como comerciantes cos europeos e pola súa práctica de N'Nonmiton ou amazonas de Dahomey, unha unidade de mulleres soldado que décadas despois loitaría contra as forzas coloniais francesas, por volta do ano 1890.[4][5]