Pobo fula | |
---|---|
![]() Mulleres fula | |
Poboación | |
Poboación total: c 20–25 millóns[1][2] | |
Rexións principais: | |
![]() | 7 millóns[3] |
![]() | 4,7 millóns[4] |
![]() | 2,8 millóns[5] |
![]() | 1,5 millóns[6] |
![]() | 700 000[3] |
![]() | 128 000[3] |
![]() | 90 000[3] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua fula |
Relixión | ![]() |
Grupos relacionados | Hausa, kanuri e toucouleur |
Os fula ou fulani (tamén chamados peul ou fulbe) (en fula: Fulɓe), son o pobo nómade máis grande do mundo, cuxa orixe é descoñecida. Espallados pola África occidental, a maioría moran no Sahel, onde, xunto aos hausa, suman arredor de 30 millóns. Atópanse tamén no Malí (1,6 millóns), en Nixeria, en Guinea (1,4 millóns), no Camerún (1,1 millóns), o Senegal (1 millón), o Níxer (950.000), Burkina Faso (550.000), Guinea-Bissau (210.000) e en número menor en Ghana, Mauritania, Serra Leoa, Togo e o Chad. Tamén aparecen no sur de Exipto, Libia e o Sudán. Os fulas non son o grupo maioritario en ningún destes países, agás en Guinea. Son pobos tradicionalmente nómades que pratican o pastoreo. Falan fulfulde ou fula e estiveron entre os primeiros grupos africanos que acolleron o islam.