Pobo hui | |
---|---|
![]() Ancián hui. | |
Poboación | |
Poboación total: Total: 10 586 087 (2011) | |
Rexións principais: | |
![]() | 10,5 millóns |
Aspectos culturais | |
Lingua | mandarín, dungan, persa |
Relixión | sunnismo[1] |
Grupos relacionados | dungan, panthay, dongxiangs e han |
Os hui (en chinés: 回族, Xiao'erjing: خُوِذُو; dungan: Хуэйзў, Xuejzw) son un grupo étnico que se compón principalmente por musulmáns da fe sunní que viven na China, concentrándose as súas poboacións nas provincias do noroeste e Zhongyuan. Segundo o censo de 2011, China é o fogar 10,5 millóns de hui, a maioría dos cales fala chinés e practican o islam, malia que algúns practican outras relixións.
O pobo hui é étnica e lingüisticamente semellante ós han[2] coa excepción de que a maioría deles practica o islam,[3] o que implica varias características culturais distintivas. Por exemplo, como musulmáns seguen as leis da dieta islmámica e non consomen a carne de porco, a carne máis consumida na China.[4]
Os hui son un dos 56 grupos étnicos recoñecidos pola China. O goberno defino o pobo hui como o que abrangue historicamente a tódolos musulmáns que non están presentes en ningún outro grupo étnico da China[5] Os hui falan predominantemente chinés.[3] De feito, o grupo étnico hui é único entre as minorías chinesas por estar asociado a unha lingua sinítica.[6]
As principais poboacións hui concéntranse no noroeste da China (Ningxia, Gansu, Qinghai, Xinjiang), pero existen comunidades en todo o país, Pequín, Mongolia Interior, Hebei, Hainan e Yunnan.