Pobo inguxo | |
---|---|
![]() Muller inguxa. | |
Poboación | |
Poboación total: ~500 000 | |
Rexións principais: | |
![]() | 385 537 |
![]() | 28 336 |
![]() | 16 893 |
![]() | 1 296 |
![]() | 455 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua inguxa |
Relixión | islam |
Grupos relacionados | pobos nakh (pobo checheno, pobo bats e pobo kist) |
Os inguxos[1] (en inguxo: ГIалгIай) son un grupo étnico do grupo nakh orixinario do norte do Cáucaso, que habita principalmente na República dos Inguxos, na Federación de Rusia. Os inguxos son predominantemente musulmáns sunnitas e falan a lingua inguxa, unha lingua caucásicas nororiental que está estreitamente relacionada co checheno, xa que as dúas linguas forman un continuo dialectal.[2] Os chechenos e os inguxos son coñecidos colectivamente como vainakh.[3]