Pobo kickapoo | |
---|---|
Babe Shkit, xefe dos kickapoo e delegado do territorio indio, c. 1900. | |
Poboación | |
Poboación total: Arredor de 5 000 (3 000 membros rexistrados na tribo) | |
Rexións principais: | |
Estados Unidos | (Kansas, Oklahoma, Texas) |
México | (Coahuila, Sonora, Durango) |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua kickapoo |
Relixión | Igrexa nativa americana |
Grupos relacionados | Outros pobos algonquinos |
O pobo kickapoo (en lingua kickapoo: kiikaapoa ou kiikaapoi) é un pobo indíxena de fala algonquina que habitou outrora na rexión dos Grandes Lagos. No presente, existen tres tribos kickapoo federalmemte recoñecidas nos Estados Unidos: a Tribo Kickapoo en Kansas, a Tribo Kickapoo de Oklahoma e Tribo Tradicional Kickapoo de Texas. As bandas de Oklahoma e Texas están asociadas politicamente entre si. Os kickapoo en Kansas proveñen dun traslado dende o sur de Missouri en 1832 por mor dun intercambio de terras da súa reserva.[1] Ao redor de 3.000 persoas están inscritas como membros das tribos.
Outra tribo, os kikapú, reside no Concello de Múzquiz no norte do estado mexicano de Coahuila. Existen tamén tribos máis pequenas vivindo en Sonora, ao oeste, e Durango, ao suroeste.