Pobo kiowa | |
---|---|
![]() Tres homes kiowas, 1898. | |
Poboación | |
Poboación total: 12 000 (2011)[1] | |
Rexións principais: | |
Oklahoma ![]() | 12 000 |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua kiowa e sinais dos indios das chairas |
Relixión | Igrexa nativa americana, relixión tradicional tribal, Danza do Sol, cristianismo |
Os kiowas son unha tribo de nativos americanos. Migraron dende o oeste de Montana cara ao sur até as Montañas Rochosas en Colorado nos XVII e XVIII,[2] e finalmente cara ás Chairas Orientais a comezos do século XIX.[3] En 1867, os kiowas trasladáronse a unha reserva no suroeste de Oklahoma.
Hoxe están federalmente recoñecidos como Tribo Kiowa de Oklahoma con sede en Carnegie, Oklahoma.[1] A lingua kiowa (Cáuijògà) aínda é falada e forma parte da familia lingüística tanoanas.[4] No 2011, había 12 000 membros da tribo.[1]