Pobo vietnamita | |
---|---|
Poboación | |
Poboación total: c 86 millóns | |
Rexións principais: | |
Vietnam | 81 328 696 (2015)[1] |
Estados Unidos | 2 067 527 (2016)[2] |
Camboxa | 750 000–800 000[3][4] |
Francia | 350 000[5] |
Australia | 294 798[6] |
Xapón | 262 495 (2017)[7] |
Aspectos culturais | |
Lingua | Lingua vietnamita |
Relixión | relixión tradicional vietnamita e sincretismo co budismo |
Grupos relacionados | gin, muong, chứt e thổ |
Os vietnamitas[8] ou kinh (en vietnamita: người Việt; ou người Kinh) son un grupo étnico orixinario do norte do actual Vietnam. Son o meirande grupo étnico do país, representando o 86% da poboación segundo o censo de 1999, e son oficialmente coñecidos como kinh para distinguilos dos outros grupos étnicos de Vietnam. A forma máis antiga de nomear o pobo vietnamita da que se ten rexistro é Lạc.
Malia que xeográfica e lingüisticamente son clasificados como asiáticos do sueste, os longos períodos de dominación e influencia chinesa sitúan ós vietnamitas na esfera do leste de Asia, ou máis especificamente os seus veciños setentrionais inmediatos, os chineses han e outros pobos do sur da China. A verba Việt é unha abreviación de Bách Việt, un nome empregado na antigüidade para describir varios pobos non chineses que foron asimilados na cultura chinesa. Nam significa "sur". Xuntos, Vietnam quere dicir "ós sur dos Viet", xa que Vietnam se atopa ó sur de Bách Việt.