Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.) |
O poder lexislativo é un dos tres poderes do Estado moderno. A súa función específica é a aprobación das leis. Xeralmente, está a cargo dun corpo deliberativo (congreso, parlamento ou asemblea de representantes).
Montesquieu propuxo no seu soado libro O Espírito das Leis, que era necesario que as funcións do Estado se dividisen entre distintos poderes (lexislativo, executivo e xudicial), para que mediante diversos mecanismos o poder controle o poder, a fin de evitar a tiranía.
Moitas constitucións modernas, seguindo o modelo que establece o Artigo Primeiro da Constitución dos Estados Unidos, establecen un poder lexislativo bicameral (isto é: composto de dous cámaras, por exemplo o senado e o congreso dos deputados. En moitos outros países, ao contrario, hai un sistema unicameral.