Un polifosfato é un sal ou éster de oxianións poliméricos formados a partir de unidades estruturais tetraédricas de PO4 (fosfato) enlazadas entre si ao compartiren átomos de oxíxeno. Os polifosfatos poden adoptar estruturas liñais ou cíclicas (aneis). En bioloxía, os ésteres polifosfatos ADP e ATP interveñen no almacenamento e cesión de enerxía. Unha variedade de polifosfatos teñen aplicacións no secuestro de minerais nas augas da traída, xeralmente a concentracións de 1 to 5 ppm.[1] O GTP, CTP e UTP son tamén nucleósidos trifosfato importantes na síntese de proteínas, de lípidos e no metabolismo de carbohidratos, respectivamente.
Os polifosftos tamén se usan como aditivos alimentarios, co número E E452.