Estrutura do poli-(R)-3-hidroxibutirato (P3HB), un polihidroxialcanoato.Estruturas químicas do P3HB, PHV e o seu copolímero PHBV
Os polihidroxialcanoatos ou PHAs son poliésteres producidos na natureza por numerosos microorganismos, incluso por medio de fermentación bacteriana de azucres ou lípidos.[1] Cando se producen por bacterias serven como unha fonte de enerxía e como almacén de carbono. Dentro desta familia de compostos poden combinarse máis de 150 monómeros diferentes dando lugar a materiais con propiedades extremadamente diferentes.[2] Estes plásticos son biodegradables e utilizados na produción de bioplásticos.[3]
As propiedades mecánicas e a biocompatibilidade dos PHA poden tamén cambiarse mesturándoos, modificando a superficie ou combinando o PHA con outros polímeros, encimas e materiais inorgánicos, polo que son utilizables para unha ampla gama de aplicacións.[4]
↑Lu, Jingnan; Tappel, Ryan C.; Nomura, Christopher T. (2009-08-05). "Mini-Review: Biosynthesis of Poly(hydroxyalkanoates)". Polymer Reviews49 (3): 226–248. ISSN1558-3724. doi:10.1080/15583720903048243.
↑Doi, Yoshiharu; Steinbuchel, Alexander (2002). Biopolymers. Weinheim, Germany: Wiley-VCH. ISBN978-3-527-30225-3.
↑Bhubalan, Kesaven; Lee, Wing-Hin; Sudesh, Kumar (2011-05-03). Domb, Abraham J.; Kumar, Neeraj; Ezra, Aviva, eds. Polyhydroxyalkanoate. Biodegradable Polymers in Clinical Use and Clinical Development (John Wiley & Sons, Inc.). pp. 247–315. ISBN978-1-118-01581-0. doi:10.1002/9781118015810.ch8.