Polo (indumentaria)

Un polo de Lacoste.

Un polo é unha peza de vestir de punto, para o tronco, que chega até a cintura, e ten a mesma forma que unha camisa de manga curta.[1]

Tipicamente ten unha abertura dianteira con dous ou tres botóns para axustar no colo, que ás veces se substitúen por unha cremalleira; pode ter tamén un pequeno bolso.

É unha peza tanto do vestiario masculino como do feminino. Na moda actual, para os homes, este tipo de peza está considerada como máis informal que unha camisa, pero máis de vestir que unha camiseta.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para polo.

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne