Tipo | Polo xeográfico ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | norte ![]() | |||
Parte de | Polos da Terra ![]() | |||
Localización | ||||
División administrativa | sen valor ![]() | |||
| ||||
O polo Norte, tamén chamado polo norte xeográfico e polo norte terrestre, é o lugar onde se localiza o extremo norte da Terra; é o lugar onde o eixe de rotación do planeta corta á superficie. Chámase polo norte verdadeiro para distinguilo do polo norte magnético. O lugar oposto é o polo sur.
O Polo norte é, por definición, o punto máis setentrional da Terra, atopándose antípodamente ao Polo Sur. Define a latitude xeodésica 90° norte, así como a dirección do norte verdadeiro. No Polo norte todas as direccións apuntan cara ao sur; todas as liñas de lonxitude conflúen alí, polo que a súa lonxitude pódese definir como calquera valor en graos. Non se asignou ningún fuso horario ao Polo norte, polo que se pode utilizar calquera hora como hora local. Ao longo dos círculos de latitude estreitos, no sentido contrario ás agullas do reloxo é o leste e no sentido das agullas do reloxo é o oeste. O Polo norte está no centro do hemisferio norte. A terra máis próxima adoita dicirse que é a illa Kaffeklubben, fronte á costa norte de Groenlandia, a uns 700 km de distancia, aínda que algúns bancos de grava quizais semipermanentes atópanse algo máis cerca.. O lugar habitado permanentemente máis próximo é Alert na illa Ellesmere, Canadá, que está situada a 817 km do Polo.
Mentres que o Polo sur se atopa nunha masa continental de terra, o Polo norte está situado no medio do océano Ártico no medio de augas cubertas case permanentemente por xeo mariño que cambia constantemente. A profundidade do mar no Polo norte foi medida en 4.087 m polo submarino USS Nautilus en 1958.[1][2] e en 4261 m polo batiscafo ruso Mir durante a expedición Arktika 2007.[3] Isto fai pouco práctica a construción dunha estación permanente no Polo norte (a diferenza do Polo sur). Con todo, a Unión Soviética, e máis tarde Rusia, construíron unha serie de estacións á deriva tripuladas con carácter xeralmente anual desde 1937, algunhas das cales pasaron por encima ou moi preto do Polo. Desde 2002, un grupo de rusos tamén establecen anualmente, cerca do Polo, a base privada Barneo que funciona durante unhas semanas a principios de primavera.[4]
Os intentos de alcanzar o Polo norte comezaron a finais do século XIX, e a marca Farthest North (Norte máis afastado) foi superada en numerosas ocasións. A primeira expedición indiscutible ao Polo norte foi a do dirixible Norge, que sobrevoou a zona en 1926 con 16 homes a bordo, entre eles o xefe da expedición Roald Amundsen. Tres expedicións anteriores -dirixidas por Frederick Cook (1908, por terra), Robert Peary, xunto co seu criado Matthew Henson[5][6] e catro esquimós, o 6 de abril de 1909 (por terra) e Richard E. Byrd (1926, por aire)- tamén foron aceptadas no seu día como que alcanzaran o Polo norte. Con todo, en cada caso a análise posterior dos datos da expedición puxo en dúbida a exactitude das súas afirmacións.
As primeiras persoa verificadas que chegarón ao Polo norte por terra foi un grupo soviético de 24 homes en 1948, que formaba parte da expedición Sever-2 ao Ártico de Aleksandr Kuznetsov, que voou até o Polo antes de facer o último traxecto a pé. A primeira expedición terrestre completa ao Polo norte foi a de Ralph Plaisted, Walt Pederson, Gerry Pitzl e Jean-Luc Bombardier en 1968, utilizando motos de neve e con apoio aére.[7]
O compás non apunta co seu polo norte ao polo norte xeográfico, senón cara ao polo sur magnético, situado nas proximades do P.N. xeográfico. A dirección na que apunta varía co tempo, debido á variación de posición do polo magnético en relación ó polo asociado, chamada declinación magnética, que nos anos 2010 ten aumentado ata 50-60 km/ano, cruzando en 2017 dito polo a liña de cambio de data cara a Siberia, a uns 390 km do Polo norte xeográfico.[8]
Todos os corpos celestes teñen un polo norte e outro sur.
Os eixes de rotación destes corpos non adoitan ser coincidentes co eixe de translación. Así, os da Terra, forman un ángulo de 23,5º, e os de Urano, 97º.