Polyphaga Rango fósil: Triásico-Presente | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Cetonia aurata | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Infraordes | |||||||||||
Bostrichiformia |
Os Polyphaga (polífagos) son a maior e máis diversa das subordes de escaravellos. Comprende 144 familias en 16 superfamilias, e mostra unha enorme variedade de especializacións e adaptacións, cunhas 350 000 especies descritas ou aproximadamente o 90% das especies de escaravellos ata agora descubertos.
As características clave dos Polyphaga son que a coxa traseira (base da pata) non divide a primeira e segunda placas abdominais/ventrais chamadas esternitos. Ademais a sutura notopleural (que se atopa baixo o escudo pronotal) non está presente.[1]