porta do Sol | |
---|---|
Porta do Sol. | |
Tipoloxía | praza |
Localización | |
Inicio | Elduayen |
Fin | Príncipe |
A porta do Sol é unha praza situada na cidade de Vigo. Recibe ese nome por estar localizada nunha das sete portas de entrada á antiga cidade amurallada, concretamenta á orientada cara o nacemento do Sol.
A porta do Sol é unha praza peonil, lixeiramente inclinada cara o leste, e que comunica coa praza da Constitución, a praza da Princesa e as rúas Príncipe, Policarpo Sanz, Elduayen, Doutor Cadaval, Segunda Repíublica e Carral.
A praza é un lugar icónico da cidade. Foi testemula de grandes acontecementos de interese que tiveron lugar en Vigo, como a inauguración do alumeado de gas en 1789 ou as sepulturas de Ricardo Mella e García Barbón.[1] Na praza tamén se proclamou na cidade a Segunda República. É lugar de celebración de actos e concertos. Nela celébrase anualmente o acto de inauguración do alumeado de Nadal.
A porta do Sol é considerada o quilómetro cero da cidade.[2]