Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario [[Usuario:|]] ([[Conversa usuario:|conversa]] ·contribucións) realizou a última edición na páxina hai 0 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse.
A arte (do latínars, artis, a través do seu acusativo singular artem) é entendida xeralmente como calquera actividade ou produto realizado polo ser humano cunha finalidade estética ou comunicativa, a través do que se expresan ideas, emocións ou, en xeral, unha visión do mundo, mediante diversos recursos, como os plásticos, lingüísticos, sonoros ou mixtos.
O xogo preséntase dende unha perspectiva en primeira e terceira persoa. O xogador escolle un dos varios clans de vampiros ó comezo do xogo, cada un deles con habilidades e poderes únicos, progresando e aumentando as súas habilidades de combate e diálogo durante o xogo. A selección do clan inflúe tanto nas capacidades e poderes do xogador coma na percepción do mesmo por parte do mundo do xogo, posibilitando distintos camiños de exploración do mesmo e diferentes métodos de interacción ou manipulación dos personaxes non xogador. O xogador pode completar misións secundarias á marxe da historia principal movéndose con liberdade entre os distintos mundos do xogo: Santa Monica, Hollywood, o centro dos Ánxeles e Chinatown, todos eles en California. (Ler máis...)
A súa actividade non se limitou á cidade da Coruña, tendo ofrecido concertos noutras cidades galegas, e o seu éxito fixo que outras sociedades filharmónicas creasen as súas propias orquestras. (Ler máis...)
Image 3
Kathleen Mary Ferrier, CBE, nada en Blackburn (Inglaterra) o 22 de abril de 1912 e finada en Londres o 8 de outubro de 1953, foi unha contralto británica. Acadou reputación internacional como cantante escénica, de concerto, así como polas súas gravacións, cun repertorio que se estendía dende a canción tradicional e as baladas populares ata as obras clásicas de Bach, Brahms, Mahler e Elgar. A súa morte por cancro, no momento álxido da súa carreira, causou un forte impacto no mundo musical e especialmente no público, que non coñeceu a natureza da súa enfermidade ata despois da súa morte. Foi especialmente coñecida no Reino Unido pola súa gravación da canción tradicional de Northumbria Blow the Wind Southerly, que foi emitida frecuentemente na BBC Radio durante moitos anos despois da súa morte.
Filla dun mestre de escola dunha pequena vila de Lancashire, Ferrier amosou axiña talento como pianista e gañou numerosos concursos de piano a nivel afeccionado mentres traballaba como telefonista na General Post Office. Non comezou a adicarse en serio á canción ata 1937, cando despois de gañar un concurso de canto no Festival de Carlisle comezou a recibir ofertas para cantar profesionalmente. Despois diso tomou clases de canto, primeiro con J. E. Hutchinson e posteriormente co barítonoRoy Henderson. Despois do inicio da segunda guerra mundial, Ferrier foi recrutada polo Consello para o Fomento da Música e as Artes (coñecido polas súas siglas en inglés CEMA), e nos anos seguintes cantou en concertos e recitais por toda Inglaterra. En 1942 a súa carreira colleu pulo logo de coñecer ao directorMalcolm Sargent, quen a recomendou á influente axencia de representación Ibbs and Tillett. Converteuse nunha intérprete habitual nas principais salas de Londres e das provincias, e realizou numerosas emisións radiofónicas coa BBC. (Ler máis...)
Criado por pais pobres mais con talento musical na illa de Funen, amosou as súas habilidades musicais a unha idade temperá. Inicialmente tocou nunha banda militar antes de asistir á Real Academia Dinamarquesa de Música en Copenhague dende 1884 ata decembro de 1886. Estreou o seu Op. 1, Suite para cordas, en 1888, aos 23 anos. O ano seguinte, Nielsen comezou un período de 16 anos como segundo violinista da Real Orquestra Dinamarquesa baixo a dirección de Johan Svendsen, durante o cal tocou a estrea dinamarquesa das óperas de Giuseppe Verdi, Falstaff e Otello. En 1916, tomou un posto de profesor na Real Academia Dinamarquesa, que ocupou ata a súa morte. (Ler máis...)
Image 5
How a Mosquito Operates é un filme mudo de 1912 de animación do debuxante estadounidenseWinsor McCay. Tamén se coñece cos títulos The Story of a Mosquito e Winsor McCay and his Jersey Skeeters. Cunha duración de 6 minutos, o filme amosa un mosquito xigante que atormenta a un home que tenta durmir. Este filme é unha das primeiras obras de animación da historia, e a súa calidade técnica está considerada moi avanzada para o seu tempo.
McCay acadara certa reputación pola súa capacidade de debuxo, de forma máis notable na elaboración dos debuxos da tira cómica para nenos Little Nemo in Slumberland que comezou en 1905. Iniciouse na arte da animación co filme Little Nemo en 1911, e seguiu o éxito deste adaptando un episodio da súa tira cómica Dream of the Rarebit Fiend ó filme How a Mosquito Operates. McCay deulle a este filme unha historia máis coherente e unha caracterización máis desenvolvida ca o filme Nemo, cunha temporalidade, movemento e peso na animación máis naturais. (Ler máis...)
Image 6
A Balsa da Medusa (francés: Le Radeau de la Méduse[lə ʁado d(ə) la medyz]) é unha pintura ó óleo de 1818–1819 do pintor e litógrafo francés Théodore Géricault (1791–1824). Completada cando o artista tiña 27 anos de idade, esta obra está considerada unha icona do romanticismo francés. Cunhas medidas de 491 cm × 716 cm, é unha pintura a escala natural que representa o momento posterior ó naufraxio da fragata francesa La Méduse, que encallou na costa de Mauritania o 2 de xullo de 1816. O 5 de xullo de 1816 unhas 147 persoas lanzáronse á deriva nunha balsa de construción apresurada. Só 15 deles sobreviviron ós 13 días que pasaron antes do seu rescate, obrigados a superar a inanición, deshidratación e á práctica do canibalismo. O evento deu lugar a un escándalo internacional, en parte pola atribución da súa causa á incompetencia do capitán francés do navío.
Géricault decidiu representar este evento para lanzar a súa carreira cunha obra a grande escala sen partir dun encargo, nun tema que xa xerara un grande interese público. O evento fascinábao, e antes de comezar a traballar na pintura final levou a cabo unha investigación exhaustiva e produciu moitos bosquexos preparatorios. Entrevistou dous dos sobreviventes e construíu unha maqueta a escala con gran detalle da balsa. Visitou os hospitais e morgues nos que puido ver de primeira man a cor e textura da carne dos mortos e moribundos. Como el mesmo anticipaba, a pintura resultou ser moi controvertida na súa primeira exhibición no Salón de París, atraendo apaixonadas loanzas e condenas a partes iguais. A obra estableceu a súa reputación internacional, e considérase unha obra transcendental na historia temperá do movemento romántico da pintura francesa. (Ler máis...)
Image 7
O concerto delle donne ou canto delle dame (lit.conxunto de mulleres) foi unha agrupación profesional de cantantes femininas da corte de Ferrara (Italia) de finais do Renacemento, que tivo gran renome polo seu virtuosismo técnico e artístico. A agrupación foi fundada por Afonso II, duque de Ferrara en 1580 e estivo activa ata a disolución da corte en 1597. Giacomo Vincenti, un editor musical, loou a estas mulleres como "virtuose giovani" (novas virtuosas), facéndose eco dos sentimentos de cronistas e comentaristas contemporáneos. (Ler máis...)
Image 8
Jane Marian Joseph, nada o 31 de maio de 1894 en Londres (Inglaterra) e finada na mesma cidade o 9 de marzo de 1929, foi unha compositora, arranxadora e profesora de música inglesa. Foi alumna e posteriormente compositora asociada de Gustav Holst, e estivo estreitamente implicada na organización e na xestión de varios festivais de música que Holst patrocinou. Moitas das súas obras foron compostas para ser interpretadas nestes festivais e en ocasións similares. A súa morte prematura, que impediu a plena realización do seu talento, foi considerada polos seus contemporáneos como unha perda considerable para a música inglesa.
Holst foi o primeiro en observar o potencial de Joseph cando estaba a ensinarlle composición na St Paul's Girls' School. Comezou a actuar como a súa copista en 1914, cando estaba a compoñer The Planets, a súa especial responsabilidade era a preparación da partitura do movemento "Neptune". Continuou a asistir a Holst con transcricións, arranxos e traducións, e foi a súa libretista para o ballet coral The Golden Goose. Durante a súa breve vida profesional converteuse en membro activo da Society of Women Musicians, foi a principal promotora do primeiro Kensington Musical Competition Festival, e axudou a fundar a Kensington Choral Society. Tamén ensinou música en escolas femininas, onde a filla de Holst, Imogen, foi unha das súas alumnas, e converteuse nunha das figuras máis importantes na vida musical do Morley College. (Ler máis...)
A obra está encadrada no grupo de óperas de Halffter denominado ás veces como Kieler Trilogie (Triloxía de Kiel), xunto ás dúas primeiras óperas do compositor madrileño: Don Quijote e Lázaro. As tres obras de Halffter teñen como denominador común as súas representacións na ópera da cidade alemá. Se ben Don Quijote foi estreada no Teatro Real de Madrid e recuperada para o teatro alemán, Lázaro e Schachnovelle foron estreadas na Opernhaus Kiel. (Ler máis...)
Segundo a narrativa, Gondor foi fundado polos irmáns Isildur e Anárion, os fillos de Elendil, exiliados do reino insular de Númenor despois da súa caída. Xunto con Arnor no norte, Gondor, o reino do sur, serviu como último bastión dos homes do oeste. Despois dun período de crecemento, Gondor comezou a esmorecer segundo avanzaba a Terceira Idade, sendo debilitado continuamente polas loitas internas e os conflitos cos aliados do Señor Escuro Sauron. Na época da guerra do Anel, o trono de Gondor estaba baleiro, aínda que os seus principados e feudos aínda tiñan deferencia polo rei ausente, amosando a súa lealdade aos mordomos de Gondor. O reino só foi restaurado coa derrota final de Sauron e a coroación de Aragorn como rei. (Ler máis...)
Image 12
Cantus Arcticus Op. 61, tamén coñecido como Concerto para paxaros e orquestra, é unha composición orquestral do compositorfinlandésEinojuhani Rautavaara escrita en 1972. A obra foi composta por encargo da Universidade de Oulu en 1971 para a primeira cerimonia de doutoramento de dita universidade, e foi estreada o 18 de outubro de 1972 en Oulu (Finlandia) pola Oulu Sinfonia baixo a batuta de Stephen Portman. Escrita en tres movementos trátase dunha das obras máis famosas do compositor finlandés e é a súa obra orquestral máis interpretada, así como unha das obras máis coñecidas e queridas da nova música finlandesa.
Spacewar (estilizado en ocasións Spacewar!) é un videoxogo de simulación de combate espacial desenvolvido no ano 1962, sendo un dos primeiros xogos creados nos comezos da historia dos videoxogos. Foi deseñado por Steve Russell, en colaboración con Martin Graetz e Wayne Wiitanen, e programado polo propio Russell coa axuda de Bob Saunders e Steve Piner para a minicomputadoraDECPDP-1 no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. Trala súa creación, outros estudantes e empregados das universidades da zona expandiron o videoxogo, entre eles Dan Edwards e Peter Samson. O xogo espallouse polo resto de instalacións da computadora PDP-1, principalmente académicas, convertendo a Spacewar no primeiro videoxogo coñecido que se xogou en múltiples instalacións informáticas.
O xogo, con gráficos monocromos, inclúe dúas naves espaciais controladas cada unha delas por un xogador humano, "agulla (needle)" e "cuña (wedge)", que loitan entre elas realizando manobras nun pozo gravitacional dunha estrela. Cada unha das naves ten unha cantidade de combustible limitada para realizar as manobras, e un número limitado de torpedos, e seguen a mecánica clásica, manténdose en movemento aínda cando o xogador non acelera a nave. As naves quedan destruídas cando un torpedo inimigo impacta nelas ou se chocan coa estrela, aínda que moverse preto dela pode proporcionar unha axuda gravitacional. En calquera momento os xogadores poden entrar no hiperespazo para moverse a un novo lugar aleatorio da pantalla, aínda que cada uso desta habilidade pode resultar na destrución da súa propia nave. Inicialmente o xogo controlábase con interruptores no PDP-1, pero Alan Kotok e Bob Saunders construíron un gamepad para reducir a dificultade dos controis do xogo. (Ler máis...)
Image 14
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.
Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio. (Ler máis...)
Image 15
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Frecuentemente descrito como un arquetipo e símbolo do home do Renacemento, xenio universal, ademais de filósofohumanista cuxa curiosidade infinita só pode ser equiparable á súa capacidade inventiva, Leonardo da Vinci é considerado como un dos máis grandes pintores de tódolos tempos e, probablemente, é a persoa co maior número de coñecemento en múltiples disciplinas que xamais existiu. (Ler máis...)
Image 2
Sandro Botticelli, nado en Florencia en 1447 e finado na mesma cidade en 1510, foi un pintorrenacentistaitaliano. O seu nome real era Allessandro di Mariano Filipepi, pero chamouse Botticelli debido a que foi aprendiz do pintor e artesán Botticello. Non se coñece demasiado da vida de Botticelli debido á falta de documentación e a que resgardou a súa vida privada. Sábese que foi acollido polos Medici e por outras prominentes familias florentinas entre 1483 e 1500. Botticcelli non asinou a maior parte dos seus cadros, polo que non podemos saber a súa orde cronolóxica máis que pola vellez da tea en que foran plasmadas as súas obras. (Ler máis...)
Liszt é o pai da técnica pianística moderna e do recital. El está na orixe do impresionismo pianístico, do piano orquestral (en Mazeppa, o cuarto estudo de execución transcendente) e do piano literario (Ans de pélérinage, baseada na obra de GoetheWanderjahre) Con Frédéric Chopin é fundamental para a aparición de toda unha liña de compositores: Maurice Ravel, Serguei Rachmaninov, Scriabin. (Ler máis...)
Akira Kurosawa (黒澤 明,Kurosawa Akira?), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cinexaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.
Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da segunda guerra mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes. (Ler máis...)
Beauvoir escribiu novelas, ensaios, biografías, autobiografías e monografías sobre filosofía, política e temas sociais. Foi coñecida sobre todo polo seu "labor pioneiro na filosofía feminista", O segundo sexo (1949) é unha análise detallada da opresión da muller e un tratado fundacional do feminismo contemporáneo. Tamén foi coñecida polas súas novelas, as máis famosas das cales foron L'Invitée (1943) e Os mandaríns (1954). A súa contribución máis duradeira á literatura son as súas memorias, en particular o primeiro volume, Mémoires d'une jeune fille rangée. (1958), que ten calor e poder descritivo. Tamén foi moi galardoada, entre os premios máis notables destacan o Prix Goncourt de 1954, o Premio Xerusalén de 1975 e o Premio Estatal Austríaco de Literatura Europea de 1978. A súa vida non estivo exenta de polémica: perdeu brevemente o seu posto de profesora tras ser acusada de abusar sexualmente dalgúns dos seus alumnos. Xunto co seu amante de moitos anos, Jean-Paul Sartre, e outros moitos intelectuais franceses, fixo campaña a favor da liberación dos condenados por delitos sexuais contra menores e asinou unha petición a favor da abolición das leis sobre a idade de consentimento en Francia. (Ler máis...)
Traballador furioso, debilitando a súa saúde xa precaria por excesos (morreu prematuramente aos 51 anos), endebedado por investimentos arriscados, fuxindo dos seus acredores baixo falsos nomes en diferentes moradas, Balzac mantivo numerosas relacións femininas con aristócratas e casou finalmente coa condesa Hanska en 1850, despois de cortexala durante preto de vinte anos. (Ler máis...)
Segundo a Encyclopædia Britannica, «Shakespeare é xeralmente recoñecido como o máis grande dos escritores de todos os tempos, figura única na historia da literatura. A fama doutros poetas, tales como Homero e Dante Alighieri, ou de novelistas tales como Lev Tolstoi ou Charles Dickens, transcendeu as barreiras nacionais, pero ningún deles chegou a alcanzar a reputación de Shakespeare, cuxas obras hoxe lense e representan con maior frecuencia e en máis países que nunca. A profecía dun dos seus grandes contemporáneos, Ben Jonson, cumpriuse por tanto: "Shakespeare non pertence a unha soa época senón á eternidade"». (Ler máis...)
Image 12
Vincent Willem van Gogh (en neerlandés Vincent van Gogh [ˈvɪnsɛnt fɑn'xɔx]), nado en Zundert o 30 de marzo de 1853 e finado en Auvers-sur-Oise o 29 de xullo de 1890, foi un pintor neerlandés e figura destacada do postimpresionismo. Pintou uns 900 cadros (deles 27 autorretratos e 148 acuarelas) e 1.600 debuxos. A figura central na súa vida foi o seu irmán máis novo Theo, quen lle prestou apoio financeiro continua e desinteresadamente. A grande amizade entre eles está documentada nas numerosas cartas que intercambiaron desde agosto de 1872; das 800 cartas conservadas do pintor, unhas 650 están dirixidas a Theo e as outras a amigos e familiares.
Xa desde moi novo tivo inclinación cara ao debuxo e o seu primeiro traballo foi nunha empresa de marchantes de arte, viaxando entre A Haia, Londres e París. Despois ensinou durante un tempo en Inglaterra, en Isleworth e Ramsgate. Máis tarde converteuse en pastor protestante e en 1879, á idade de 26 anos, marchou como misioneiro a unha rexión mineira de Bélxica, onde comezou a debuxar á xente da comunidade local. En 1885 pintou a súa primeira grande obra Os comedores de patacas; nese momento a súa paleta compoñíase de tons sombríos de terra. A luz de cores vivas pola que é coñecido xurdiu en obras posteriores, cando se trasladou ao sur de Francia conseguindo a plenitude durante a súa estadía en Arles en 1888. Malia a calidade da súa obra, esta só foi recoñecida logo da súa morte e hoxe é considerado un dos grandes mestres da pintura. Tivo unha grande influencia na arte do século XX, especialmente entre os fauvistas e os expresionistas alemáns. A súa arte foi seguida por Derain, Vlaminck e Van Dongen. (Ler máis...)
Joyce naceu no seu dunha familia de clase media. A pesar da caótica vida familiar imposta polas impredicibles finanzas do seu pai, foi un brillante estudante que asistiu brevemente á escola O'Connell, dirixida por Christian Brothers, antes de destacar nas escolas xesuítas de Clongowes e Belvedere. Continuou os seus estudos no University College Dublin. (Ler máis...)
Image 14
Durante degli Alighieri ou simplemente coñecido Dante, nado en maio ou xuño de 1265 e finado o 13 ou 14 de setembro de 1321, é considerado por gran parte dos italianos como o seu poeta maior na Idade Media. Naceu e viviu gran parte da súa vida en Florencia. O seu poema, de cariz épico e teolóxico, A divina comedia, origxinalmente chamado Comedìa (en italiano moderno: Commedia) e máis tarde cristianizado como Divina por Boccaccio, é considerada a obra mestra da literatura italiana e unha dos cumes da literatura universal. É o culminar da afirmación do modo medieval de ver o mundo e a base da lingua italiana moderna.
A finais da Idade Media, a meirande parte da poesía estaba escrita en latín, e só era accesible para audiencias educadas. Porén, en De vulgari eloquentia, Dante defende o emprego das linguas vernáculas na literatura. Mesmo chegou a escribir en toscano en obras como Vita nuova (1295) e na devandita Divina Comedia. Esta escolla, malia ser pouco ortodoxa, sentou un importante precedente que outros escritores italianos como Petrarca ou Boccaccio continuarían. Como resultado, Dante tivo un papel chave no estabelecemento da lingua nacional de Italia. A relevancia de Dante tamén se estende alén do país, as súas descricións do Inferno, do Purgatorio e do Ceo serviron de insipiración para un gran número de obras de arte occidental, e son citadas como influencias nas obras de John Milton, Geoffrey Chaucer, William Shakespeare e Lord Alfred Tennyson, entre outros. (Ler máis...)
José Ventura Eduardo Gregorio Valdomir (sic) ou Xosé Baldomir Rodríguez, máis coñecido como Xosé Baldomir, nado na Coruña o 26 de novembro de 1865 e finado na mesma cidade o 1 de febreiro de 1947, foi un compositor, pianista, director coral e profesor que desenvolveu case todo o seu labor na súa cidade natal. Entre a súa obra, cunha importante influencia da música popular, salientan as súas melodías galegas, xénero iniciado por un dos seus mestres, Marcial del Adalid, e que Baldomir levou ao máximo nivel artístico, acadando no seu tempo difusión universal con obras que permaneceron na memoria colectiva.
Ademais de como compositor, Baldomir destacou tamén como director de corais, estando á fronte de agrupacións como o Orfeón Brigantino ou a Coral Polifónica El Eco, tendo realizado con esta última numerosas e exitosas xiras por España e o resto do mundo. (Ler máis...)
Image 4
Manuel Quiroga Losada, nado en Pontevedra o 15 de abril de 1892 e finado na mesma cidade o 19 de abril de 1961, foi un reputado violinista, compositor e debuxante galego, posiblemente o músico galego que acadou maior renome internacional, sendo considerado un dos violinistas máis importantes do seu tempo. Foi anunciado en numerosas ocasións por parte dos críticos como "o mellor sucesor de Pablo Sarasate", e ás veces é referido como "o herdeiro espiritual de Sarasate".
Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004, foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e máis polo seu compromiso político. O 19 de abril do ano 1970 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega, mais renunciou en 1975 ao entender que a institución non estaba á altura que esixía o momento histórico.
Nas eleccións municipais de 1979 presentouse como cabeza de lista á alcaldía de Monforte de Lemos, e foi nomeado concelleiro de Augas e Recollida do lixo. Tras non ser elixido nas eleccións ao Senado de 1982 en representación do BNG, abandonou a militancia política para se dedicar por completo á actividade literaria e cultural. Volveu ingresar na RAG, desta volta como membro de número, o 15 de febreiro de 2003, por proposta de Xosé Luís Franco Grande, Ramón Lorenzo Vázquez e Xosé Luís Méndez Ferrín, pronunciando o discurso A Terra Chá: poesía e paisaxe. (Ler máis...)
O Itinerario de Exeria, tamén coñecido como Itinerarium Egeriae, Peregrinatio Aetheriae ou Peregrinatio ad Loca Sancta, é un conxunto de textos en latín escritos por Exeria relatando a súa peregrinación dende a Gallaecia ata Terra Santa entre os anos 381 e 384.
Como libro de viaxes, é unha fonte importante para coñecer a situación naquel momento das zonas percorridas. Nel detállanse costumes dos nativos, crenzas populares, rituais relixiosos e expresións da fala vernácula. Está redactado en primeira persoa no latín coloquial utilizado na vida diaria, cunha espontaneidade natural que difire do estilo solemne propio da lingua escrita. O seu valor é filolóxico, sociolóxico e literario. (Ler máis...)
Andrés Lapique do Barro, máis coñecido como Andrés do Barro, tamén coñecido como Andrés Dobarro, nado en Ferrol o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989, foi un cantante e actor galego. Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego durante o franquismo. Malia os atrancos para a expresión musical en galego, varias cancións súas foron número un nas principais cadeas radiofónicas estatais. (Ler máis...)
Image 15
Antonio Xavier Euloxio Rodríguez Reixa coñecido como Antón Reixa, nado en Vigo o 17 de abril de 1957, é un dos maiores representantes da cultura galega contemporánea. Renovador da poesía desde os anos 70, destaca tamén como intérprete musical, produtor e creador en varias das linguaxes audiovisuais. Desde os anos 90 Reixa converteuse ademais en figura popular comparecendo a través dos medios televisivo e radiofónico. (Ler máis...)