Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.
A gaita das Highlands ou Terras Altas escocesas, tamén chamada gaita escocesa, é un dos tipos de gaita máis coñecidos. Alén da fama, está entre as gaitas tradicionais máis potentes, senón a de potencia sonora maior.
Consiste nun fol, un punteiro, un soprete, dous bordónstenores e outro baixo. A escala do punteiro está aproximadamente en modo mixolídio cun rango desde un grao máis baixo que a tónica até unha oitava por riba dela (sol baixo, la baixo, si, dó#, re, mi, fa#, sol alto e la alto; os gaiteiros tratan a gaita como un instrumento transpositor e omiten os sostidos). Os dous bordóns tenores son unha oitava máis baixos que a tónica (la baixo) do punteiro e o bordón baixo está dúas oitavas máis abaixo. Realmente, este la da gaita das Highlands é en realidade un pouco máis sostido que si bemol (arredor de 480 Hz), e parece que se fai cada vez máis sostido entre as bandas de competición. Na última década, a gaita viu a aparición de novos materiais, como palletas e bolsas sintéticas, que se comportan mellor coa humidade que os materiais tradicionais.
Saint Andrews, (en latín: S. Andrea(s); en scots: Saunt Aundraes; en escocés: Cill Rìmhinn) situada na costa leste de Escocia, no condado de Fife, é unha das cidades máis antigas e historicamente importantes de Escocia, malia o seu reducido tamaño. Nela atópase a Catedral de St Andrews, no presente derruída (que no seu tempo foi a máis grande de Escocia), un castelo, igualmente derruído, e unha das universidades máis antigas e prestixiosas do Reino Unido. Ademais, St Andrews é considerado como "o berce do golf", xa que nela atópanse o Royal and Ancient Golf Club of St Andrews -o club de golf máis antigo do mundo- e o Old Course de St Andrews, tamén un dos campos máis antigos.
Os primeiros asentamentos que se localizaron no actual St Andrews pertencen ós pictos, quen o denominaban Kilrymont ou Muckross. A lenda di que San Régulo trouxo até aquí as reliquias de Santo André, patrón de Escocia.
Connery foi considerado por unha enquisa de 2004 de The Sunday Herald como "O máis grande escocés vivo", e en 2011, unha enquisa de Euromillóns considerouno o "O maior tesouro nacional vivo de Escocia". Foi escollido pola revista People como o "home vivo máis sexy" en 1989 e o "home máis sexy do século" en 1999.
...que o xenon, o argon e o cripton foron descubertos polo científico escocés William Ramsay (na imaxe) e Morris Travers, e que foron os primeiros en illar o helio?