Rusia, (en ruso: Россия, transliteración: Rossiya, ou Federación Rusa (en Ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no Mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangell. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sahalín, as illas Kuriles e as illas Komandorskie. A porción continental limita ao norte co Mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o Mar de Chukchi, ao leste co Estreito de Bering e Mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o Océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta con Xapón, ao sur con Corea do Norte, China, Mongolia, Kazakhstán, o Mar Caspio, Azerbaidján, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está a Turquía, e a oeste limita co Mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co Golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.
|
|
|
Artigo destacado - Избранная Статья
editar
As Xornadas de Xullo de 1917 foi o nome que recibiron as protestas armadas apoiadas polos anarcocomunistas e os bolxeviques, finalmente fracasadas, que trataron de derrocar ao Goberno Provisional Ruso e traspasar o poder aos soviets (consellos) en xullo dese ano. Estas protestas producíronse ao mesmo tempo que tiña lugar unha crise gobernamental pola dimisión dos ministros kadetes do Goberno, o que deixou a xestión da crise en mans dos dirixentes defensistas do Soviet de Petrogrado, principalmente dos menxeviques.
As protestas, debidas a unha mestura de descontento polo empeoramento da situación económica, axitación radical e oposición á reanudación das operacións militares entre outros factores, producíronse no medio dunha crise gobernamental desencadeada pola dimisión dos ministros kadetes. As manifestacións foron un síntoma do amplo descontento co desempeño do Goberno de coalición social-liberal e do desexo de que o soviet tomase a iniciativa na aplicación de reformas...
Imaxe destacada - Избранные фото
Sabías que...? - Знаете ли вы, что...?
Biografía destacada - Избранная Персоналии
Símbolos históricos - Исторические символы
Artigos de calidade e bos
editar
Artigos de calidade (16)
- Historia: Goberno Provisional Ruso, Golpe de Estado de Kornilov, Negociacións Vikzhel, Xornadas de Xullo, Revolución de Febreiro, Revolución de Outubro, Estrea da Sinfonía n.º 7 de Shostakovich en Leningrado
- Personalidades: Georgii Chicherin, Aleksandr Kolchak, Nadezhda Krupskaia, Lenin, Sergei Prokofev, Nikolai Rimskii-Korsakov, Edgar de Wahl, Vera Zasulich
- Outros: Laika
Artigos bos (6)
Categorías - Категории
editar
Queres atopar artigos relacionados con Rusia? Proba buscando nas seguintes categorías:
Proxectos relacionados
Portais relacionados
editar
Países de Europa
Países de Asia
Proxectos irmáns
|
|
|