Artigo destacado
O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, denominado Río Natura Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sétima ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional, as cinco últimas de xeito consecutivo.
En 1990 o equipo xogou o ascenso á Liga ACB contra o Júver Murcia, que no primeiro partido xogou polos murcianos Esteban Pérez, de nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido. O Obradoiro reclamou o aliñamento, con todo os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Finalmente en 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal, o que se produciría finalmente na tempada 2009-10. Xoga os seus partidos como local no Multiúsos Fontes do Sar. Lugar de interese
O Pazo de Raxoi é un edificio civil de Santiago de Compostela de estilo neoclásico francés, sede da corporación municipal da cidade, aínda que ao longo da historia ten acollido outros organismos. O seu nome honra ao arcebispo Bartolomé de Raxoi, que foi impulsor principal da edificación, aínda que non o único. Está localizado na parte occidental da praza do Obradoiro, que pecha por esa banda, fronte á fachada principal da catedral de Santiago, por outra banda á súa dereita sitúase o Colexio de San Xerome, que hoxe serve de sede do Reitorado da Universidade de Santiago; á esquerda do pazo érguese o Hospital Real dos Reis Católicos.
O edificio foi construído segundo as trazas do enxeñeiro Carlos Lemaur, sendo dirixidas as obras por frei Manuel de los Mártires, e como executores reais polos mestres Juan López Freire e Alberte Ricoy, e, segundo a inscrición que figura no friso do mesmo pazo, as obras tiveron lugar entre 1766 e 1772. Imaxe destacada
Biografía destacada
Prudencia Eugenia Juana Osterberger Luard, coñecida simplemente como Eugenia Osterberger, nada en Santiago de Compostela o 20 de decembro de 1852 e finada en Niza o 8 de febreiro de 1932, foi unha compositora galega do romanticismo. Filla dunha coruñesa e un gravador e litógrafo alsaciano, Eugenia Osterberger pronto amosou interese pola música, aprendendo dende nena a tocar o piano. Anos despois do seu regreso de formarse en Francia casou co enxeñeiro francés Francisco Saunier e instalouse na cidade da Coruña, onde mantivo relación non só con destacadas personalidades da música galega do seu tempo, senón tamén da literatura, como Emilia Pardo Bazán, integrándose na sociedade El Folk-Lore Gallego, que presidía a propia Emilia. Polas súas achegas no campo da música foi nomeada membro correspondente da Real Academia Galega.
A súa obra, en boa parte descoñecida, foi publicada pola editorial de Canuto Berea na Coruña (editando obras puramente instrumentais), F. Laurens en París e as editoriais de Benito Zozaya e Casa Dotesio en Madrid. As poucas obras coñecidas da compositora compostelá inclúen obras para piano só e cancións de salón para voz e piano. Ademais de destacar a súa produción musical, Eugenia Osterberger participou en diversas iniciativas de dignificación da cultura galega. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proyectos irmáns
|