Poznań (pl) | |||||
Lema | «POZnan* *Miasto know-how» (2009–2024) «Jesteś u siebie» (2024–) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Voivodatos | Voivodato de Gran Polonia | ||||
Capital de | Condado de Poznań (pt) Poznań Voivodeship (en) (1314–1793) Posen Department (en) (1793–1807) Poznań Department (en) (1806–1815) Grão-Ducado de Poznań (pt) (1815–1848) Província de Posen (pt) (1848–1919) Poznań Voivodeship (en) (1919–1939) Reichsgau Wartheland (pt) (1939–1945) Poznań Voivodeship (en) (1945–1975) Poznań Voivodeship (en) (1975–1998) Voivodato de Gran Polonia (1999–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 546.859 (2021) (2.088,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 261,85 km² | ||||
Bañado por | Río Warta | ||||
Comparte fronteira con | Comuna de Kórnik (pt) Comuna de Suchy Las (pt) Comuna de Rokietnica (pt) Comuna de Czerwonak (pt) Comuna de Swarzęd (pt) Comuna de Kleszczewo (pt) Comuna de Tarnowo Podgórne (pt) Comuna de Komorniki (pt) Comuna de Dopiewo (pt) Comuna de Mosina (pt) Luboń (pt) Condado de Poznań (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Jacek Jaśkowiak (en) (2014–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 60-001 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 61 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | poznan.pl |
Poznan[1][2][3] ou Poznán,[4] (en polaco Poznań, en latín: Posnania, en alemán: Posen, yiddish: פּױזן (Pojzn), tamén utilizado en ocasións festivas o seu nome histórico: Stołeczne Miasto Poznań, "Cidade capital de Poznań") é unha das máis antigas e grandes cidades polacas (quinta por poboación absoluta con 567.000 habitantes e sexta por extensión xeográfica), situada a beiras do río Varta. Capital da rexión da Gran Polonia e arquidiocese de Poznan. Poznan atópase entre Berlín (270 km) e Varsovia (300 km) e é un importante nó ferroviario e vía de comunicación por estrada no país (estradas europeas E30 e E261), posúe ademais un aeroporto internacional.
Poznan é recoñecida por ser o berce da nación polaca, por cumprir no pasado a función de capital do estado e por ser a residencia dos monarcas polacos. Polo nomeamento do presidente da nación, Lech Kaczyński, con data 11 de decembro de 2008 foi declarada, Poznan - conxunto histórico, en recordo da memoria histórica. Poznan é candidata a Capital Europea da Cultura en 2016.