Praia (pt) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Cabo Verde | ||||
Entidade territorial administrativa | Illas de Sotavento, Cabo Verde | ||||
Concello | Praia (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 127.832 (2010) (1.245,93 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 102,6 km² | ||||
Bañado por | Océano Atlántico | ||||
Altitude | 1 m | ||||
Organización política | |||||
Membro de | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 15 de marzo de 2016 | ||||
Identificador | 6103 | ||||
Sitio web | lojacmp.com |
A cidade da Praia é a capital de Cabo Verde, un país arquipélago no océano Atlántico, a oeste do Senegal. Ten unha poboación de 113.664 habitantes (2005) e atópase ao sur da illa de Santiago que forma parte do arquipélago de Sotavento. Tamén é a sede do municipio do mesmo nome. Praia é a maior cidade de Cabo Verde. Ten un porto comercial, onde se exporta café, cana de azucre e froitas. Tamén conta cunha importante industria pesqueira.
O centro da cidade é denominado Platô, debido a situarse nunha pequena planicie (do francés plateau: meseta) xunto ao mar, que alberga os edificios públicos e outros edificios importantes, como o Palacio presidencial, construído a finais do século XIX para ser a residencia do gobernador Portugués. Tamén conta co antigo Concello, con fachada clásica e torre central, a igrexa Nosa Señora da Graza, tamén ao estilo clasicista, o Museo Etnográfico e o Monumento de Diogo Gomes, navegante Portugués e descubridor da illa de Santiago en 1460.
É o porto do transbordador que une as illas e alberga un dos dous aeroportos internacionais cos que conta o país.