Pravda Proletarios do mundo unídevos | |
---|---|
Pravda, 16 de marzo de 1917. | |
Formato de páxina | A2 |
Fundación | 5 de maio de 1912 |
Propietario | Partido Comunista da Federación Rusa |
Fundador | Lenin |
Editorial | Pravda e sen etiquetar |
Tendencia | Marxista-leninista |
Lingua | ruso |
Localidade | Moscova |
Ámbito | Unión Soviética Rusia |
Periodicidade | Periódico diario |
ISSN | 0233-4275 |
Na rede | |
http://www.gazeta-pravda.ru | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pravda (en ruso: Правда, a verdade) é un xornal fundado na Unión Soviética, que foi a publicación oficial do Partido Comunista entre 1918 e 1991. Durante a época soviética converteuse nunha das publicacións máis destacadas, cuxo contido tocaba temas como ciencia, política, cultura e economía.[1] Nos países occidentais fíxose moi famoso polas súas declaracións durante a Guerra fría.
En 1991 o presidente ruso Boris Eltsin vendeulle o diario a un grupo empresarial grego, entrando Pravda nun período de decadencia e división da redacción.[1] Con todo, en 1997 o Partido Comunista da Federación Rusa adquiriu o diario e relanzouno como o seu órgano oficial, aínda que cunha tiraxe sensiblemente menor á da época soviética.[2]
Existen outros cantos xornais e medios de información menores, cuxo nome é tamén Pravda, como o xornal latino francés Pravda Libération París 1871 fundado polo xornalista arxentino Abu Faisal Sergio Tapia, o medio dixital Pravda Estado Español, ou o selo editorial Edicións Pravda.