Praza de Maio | |
---|---|
![]() |
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A praza de Maio (en castelán plaza de Mayo), sitio fundacional da Cidade de Buenos Aires, Arxentina, naceu da unión das prazas de la Victoria e del Fuerte ao demoler, en 1884, unha construción chamada Recova Vieja que as afastaba.
Atópase no denominado microcentro porteño, rodeada polas rúas Hipólito Yrigoyen, Balcarce, Avenida Rivadavia e Bolívar do barrio de Monserrat (Buenos Aires). Nacen desde o seu lado oeste tres importantes avenidas: Presidente Julio A. Roca, Presidente Roque Sáenz Peña e Avenida de Mayo. Na súa contorna atópanse varios dos principais monumentos e puntos de interese: o Cabido histórico, a Casa Rosada (onde reside o Poder Executivo da Nación), a Catedral Metropolitana de Buenos Aires, o edificio do Goberno da Cidade de Buenos Aires e a casa central do Banco da Nación Arxentina.
Debaixo da súa superficie, de aproximadamente dúas hectáreas, alberga as estacións de metro Plaza de Mayo (liña A), Catedral (liña D) e Bolívar (liña E) que, xunto con numerosas liñas de autobuses, ofrecen unha fácil comunicación con todos os recantos da cidade.
Caixa de resonancia das grandes manifestacións populares do país, pode dicirse que, agás a Declaración da Independencia e as batallas que se libraron para conquistala, foi o escenario de todos os acontecementos transcendentais a nivel nacional.
O 25 de maio de 1941 a Comisión Nacional de Museos e Monumentos Históricos fixo colocar unha placa de bronce sobre o bordo da base onde se atopa a Pirámide de Mayo cunha lenda que sintetiza a súa historia:
Nesta Praza Histórica o fundador Juan de Garay plantou o símbolo da xustiza o 11 de xuño de 1580. A Praza Maior foi desde entón o centro da vida cidadá, onde o pobo celebrou os seus actos máis solemnes, como as súas festas e expansións colectivas. A Reconquista e a Defensa da cidade culminaron na Praza Maior, que se denominou Praza da Vitoria. En 1810 foi o glorioso escenario da Revolución de Maio e en 1811 foi erguida nela a Pirámide conmemorativa da data patria: feitos transcendentais da Historia Arxentina aconteceron na Praza da Vitoria. Aquí o pobo de Buenos Aires xurou a Independencia da patria o 13 de setembro de 1816 e a Constitución Nacional o 21 de outubro de 1860. O edificio da Recova Vella, demolida en 1884 foi un trazo característico nos tempos da Independencia e da Organización Nacional..