A prefectura de Kagoshima (鹿児島県, かごしまけん, Kagoshima-ken) é unha prefectura do Xapón, situada no extremo sur da rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. A súa capital é Kagoshima-shi.
A prefectura cobre 9.188,67 km² de superficie e habítana 1.718.388 persoas. A prefectura de Kagoshima fai fronteira coas prefecturas de Kumamoto e Miyazaki. Antes da Restauración Meiji coñecíase como a provincia de Satsuma (薩摩国) e Oosumi (大隅国).