Nome oficial | Premiership Rugby (1997–) National Division One (1987–1997) |
---|---|
Tipo | professional sports league (en) |
Deporte | rugby a 15 |
Organizador | Rugby Football Union (1987–1996) English First Division Rugby Ltd (en) (1996–2001) Premiership Rugby Limited (en) (2001–) |
Patrocinador | Arthur J. Gallagher & Co. (en) (2018–) |
Liga inferior | RFU Championship (en) |
Número de participantes | 11 |
Localización e Datas | |
Localización | Inglaterra (Reino Unido) 53°N 1°O / 53, -1 |
Vixencia | 1987 – |
Calendario da tempada | setembro – maio |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | premiershiprugby.com |
A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.
Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.