Premio Alfred P. Sloan

O Premio Alfred P. Sloan é un galardón outorgado cada ano dende 2003 no Festival de Cinema de Sundance. O premio é concedido a un filme cuxo tema principal é a ciencia ou a tecnoloxía, ou que describe un científico, enxeñeiro, ou matemático como personaxe principal.

Cada gañador recibe 20 000$ como premio en metálico proporcionado pola Fundación Alfred P. Sloan.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne