O Premio Erasmus é un premio anual que outorga a Fundación Praemium Erasmianum a persoas ou institucións que fixeron contribucións excepcionais nos eidos da cultura, humanidades, ciencias sociais e arte en Europa e tamén no resto de mundo.[1] Está considerado como un dos recoñecementos máis distinguidos de Europa[2] e leva o nome do teólogo e humanista neerlandés, Desiderius Erasmus.