Premio Memorial Astrid Lindgren | |
---|---|
![]() | |
Tipo | premio literario |
Data de fundación | 2002 |
Nomeado en referencia a | Astrid Lindgren |
País | Suecia |
Na rede | |
http://alma.se/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Premio Memorial Astrid Lindgren (en sueco: Litteraturpriset till Astrid Lindgrens minne e en inglés Astrid Lindgren Memorial Award) é un premio internacional de literatura infantil establecido polo goberno sueco en 2002 para honrar á autora sueca para nenos Astrid Lindgren , nada en 1907 e finada en 2002. O premio é de cinco millóns de SEK, o que o converte no maior premio monetario en literatura infantil e nun dos premios literarios máis ricos do mundo. O custo anual de 10 millóns de SEK (en 2008) está financiado con diñeiro fiscal.[1]
O premio Lindgren recoñece anualmente a unha ou máis persoas vivas e institucións existentes (doce nos primeiros dez anos): persoas polas súas contribucións profesionais e institucións polo seu traballo sostible a longo prazo. En concreto deberían ser "autores, ilustradores, contacontos orais e promotores da lectura" cuxos "traballos sexan de máxima calidade, e co espírito de Astrid Lindgren". O obxecto do premio é aumentar o interese pola literatura infantil e xuvenil, e promover os dereitos dos nenos á cultura a nivel mundial.
É administrado polo Consello das Artes Sueco financiado exclusivamente polo goberno central.[2] Oficialmente, o premio titúlase "Un premio do pobo sueco ao mundo". A cerimonia de entrega do premio está presidida pola princesa herdeira Vitoria de Suecia.
"Os galardoados son elixidos por un xurado con ampla experiencia en literatura internacional infantil e xuvenil, promoción da lectura e dereitos da infancia. Os 12 membros inclúen autores, críticos literarios e estudosos, ilustradores e bibliotecarios. Un membro representa á familia de Astrid Lindgren."
O ciclo anual comeza a máis tardar en decembro uns 9 meses antes de anunciar os nomeados, 15 meses antes de anunciar o gañador e 18 meses antes da presentación.