O Premio Nadal de novela convócase desde 1944 por Ediciones Destino (que desde 1989 pertence ao Grupo Planeta).[1] A súa celebridade radica en que é o premio literario máis antigo que se concede en España[2] e na lista de escritores que mereceron este galardón están importantes figuras da literatura española do século XX. A contía do premio en 2018 foi de 18.000 € para o gañador, e de 6.000 € para o finalista, ata que en 2010 se eliminou esta última categoría. No 2023, a dotación foi de 30.000€. Dende 1968, concédese na mesma noite o Premio Josep Pla de narrativa en catalán.